En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinario e animado magosto na Rúa

Máis de 700 persoas asistían á cita na tarde do 2 de novembro

Superando expectativas, en menos de 45 minutos acabábanse as entradas do magosto 2018 na Rúa. Así, máis de 700 persoas asistían á tradicional cita gastronómica celebrada na tarde do 2 do novembro. Coma sempre, a festa, organizada polo Concello, desenvolvíase na explanada da Estación de Autobuses, onde os asistentes degustaban unha ración de castañas asadas (ata un total de 300 quilos), un bolo preñado e viño ou auga (previo pago de 2 euros).

Entre os asistentes, xente de todas as idades, en parellas, grupos de amigos ou en familia. Un ano máis, o apartado musical correu a cargo da discoteca móbil Danzalia.

Hai uns días, a Comisión de Festas de San Roque celebraban o seu propio magosto na Rúa Vella, mentres que o de Fontei era suspendido tralo accidente que lle custou a vida ao “Cabaneiro”, membro da Asociación de Veciños, responsable da organización.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button