En portadaÚltima hora

Mural, photocall, mesa informativa e concentración neste 25N na praza Maior de Viana do Bolo

 

Na mañá deste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, tiña lugar o acto principal do programa do Concello de Viana do Bolo para conmemorar esta data, organizado a través do seu Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Concellería de Igualdade.

Baixo o lema “Que non che corten as ás” están programados previstos unha serie de eventos, entre eles  a elaboración do mural “Que non che corten as ás”, un proxecto colaborativo apto para todas as idades no que se realizaba un orixinal mural formado por unha morea de bolboretas que previamente cada veciño e veciña tiña que decorar e personalizar.

O mural, realizado o 22 de novembro, expoñíase nesteo 25 de novembro a modo de Photocall na Praza Maior de Viana e simboliza “loita” das veciñas e veciños contra a violencia machista.

Ademais, esta mañá realizábase unha concentración na Praza Maior e dábase lectura a un manifesto contra a violencia machista. Así mesmo, o CIM instalaba unha mesa informativa e photocall para concienciar á veciñanza contra a violencia machista.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button