
Unha gran festa teñen programada dende a Asociación Cultural Abertal para o seu tradicional magosto que nesta ocasión, cambia se ubicación e inclúe unha foliada con varias agrupacións.
A cita será o 12 de novembro a partir das 18 horas na praza de Fontei (A Rúa) e o menú constará de bolo preñado, castañas asadas, bica, viño e refrescos. Os tíckets con desconto (a 6 euros só para socios e alumnos) poden collerse na Casa da Cultura e os normais (a 10 euros) no bar O Retorno, no bar Norte, no Pillabán e na perruquería Brillos.
A foliada, no magosto e a continuación polos bares colaboradores, correrá a cargo de cinco grupos: Candaira de Castrelo do Val, Os Estoupafoles da Pobra de Brollón, Mencía de Toral de los Vados, Macizas Centrais da Pobra de Trives e Os Parrandas de Córgomo.