CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Música de acordeón e palabras para presentar ‘A Árbore do Pan’ de Edelmiro Mateo, no Barco

 

Na tardiña deste xoves 14 de novembro, en plena tempada de castañas e magostos, o verinés Edelmiro Mateo achegábase ata O Barco de Valdeorras, convidado por AMAVA (Asociación de Música Alernativa de Valdeorras) para presentar o seu sexto libro.

 

 

“A Árbore do Pan”, como adoitaban chamar ao castiñeiro en tempos antigos debido á súa importancia como fonte de alimento antes da chegada da pataca, é unha obra que nos mergulla na vida da castaña e o seu pai, o castiñeiro. A través desta narración, descubrimos a sabedoría que a natureza encerra, se tan só aprendemos a ler os seus sinais. A contorna do bosque de castiñeiros revélase como unha sociedade organizada cun propósito común: alcanzar a felicidade.

 

 

Este texto, escrito por Edelmiro Mateo, cobra vida a través das ilustracións en acrílico creadas por Olimpia Seoane, unha pintora verinesa autodidacta. A súa colaboración converte este relato nunha verdadeira obra de arte, onde as imaxes e as palabras fusiónanse para levar ao lector a unha viaxe única e emocionante.

 

 

O acto, presentado polo músico e membro de AMAVA, Enrique Rodríguez, tiña lugar na Biblioteca Municipal do Barco acompañando as palabras co acordeón, deleitando así aos presentes cunha velada músico-literaria moi acaída.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button