CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Música, deporte, aventura e lecer, no Vilaverán 2017

O Concello de Vilamartín organiza o campamento de verán, con actividades do 10 de xullo ao 25 de agosto

 

O Vilaverán vén máis cargado de actividades que nunca. Con propostas de aventura, obradoiros de música, natureza, xogos en inglés, waterpolo ou rutas temáticas como aliciente, o Concello de Vilamartín de Valderras abre o prazo para anotarse no campamento de verán que se estenderá do 10 de xullo ao 25 de agosto.

Dirixido a xoves de 4 anos en adiante, o horario do Vilaverán 2017 será de 9:30 a 13:30h. Para asistir, as inscricións deben realizarse nas oficinas do Concello, onde se entregará a solicitude, en horario de 10 a 13h.

 

Artigos relacionados

Back to top button