CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música en directo, cervexa e comida no ‘Birra e Rock Fest’, en xullo en Viloira (O Barco)

El Patio de Leni./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A localidade barquense de Viloira súmase aos festivais da man de AMAVA, a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras que este ano celebra o 15º aniversario, e Mahou.

Os días 18 e 19 de xullo celebrarase o ‘Birra e Rock Fest’, unha cita que mestura a música en directo con bebida e comida. Con entrada de balde, no aparcadoiro que hai detrás da Casa Grande, o programa arrincará o venres en torno ás 20 horas cos concertos de Gallego Comun, Fuss e Green Angels. Ese día o fin de festa correrá por conta de Amadeo Dj.

O día grande será o sábado, con sesión vermú ás 13 horas coa actuación do solista Martiño; e os concertos a partir das 18 horas con El Patio de Leni, Mrs. Fine e Navegando a Barlovento. A discomóvil Opium e Dj Isra porán o broche.

 

Artigos relacionados

Back to top button