CulturaCulturaÚltima hora

Música, humor e maxia no Ruxe Ruxe de Quiroga

Maskarpone, Raúl Alcaraz e o Mago Deimi actuarán na ponte de decembro
O Mago Deimi actuará o 9 de decembro.
O Mago Deimi actuará o 9 de decembro.

Fiel á súa aposta polo dinamismo cultural e de ocio na zona, a cervexería Ruxe-Ruxe de Quiroga ten preparada unha serie de actividades en torno á música, o humor e maxia para a ponte da Constitución.

A primeira será este sábado día 3 da man da banda Maskarpone, grupo musical de Ourense caracterizado polos seus directos, nos que ofrecen unha mestura de reggae e Ska, con pequenos acenos ao rock e á música tradicional.

O mércores día 7 chega dende L’Hospitalet (Barcelona) o cómico Raúl Alcaraz. Un showman enriba do escenario, gran humorista, improvisador e youtuber que percorre España cos seus monólogos, presentacións e eventos privados. O seu espectáculo para auditorios, “Fem L’Humor” vai pola sexta edición.

E por último, o venres día 9 tócalle o turno á maxia con humor e interacción do público, da man do Mago Deimi (Ribadavia) especialista en cartomaxia, manipulación, escapismo e mentalismo,…

 

O cómico Raúl Alcaraz actuará o día 7.
O cómico Raúl Alcaraz actuará o día 7.

Artigos relacionados

Back to top button