CulturaCulturaÚltima hora

“N.E.V.E.R.M.O.R.E.” de Chévere, este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco

Cedida.

 

A partir das 21h. deste venres 3 de marzo Chévere porá en escena sobre as táboas do Teatro Lauro Olmo a obra “N.E.V.E.R.M.O.R.E. – A caixa negra do Prestige”. Esta peza constitúe, en palabras desta compañía, “unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada (…). Contar esta historia é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que sigue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non sexa ese”.

A obra está interpretada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Borja Fernández, Tone Martínez. Trátase dunha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio da Agadic-Xunta de Galicia e a colaboración do Auditorio de Galicia/Concello de Santiago de Compostela.

Artigos relacionados

Back to top button