EconomíaEconomíaÚltima hora

“Na D.O. Valdeorras as medidas control de uva están funcionando”

Deste xeito se referían o presidente desta denominación e o conselleiro do Medio Rural á detección da presunta fraude nesta semana nun local do Barco

O órgano de control do Consello Regulador da D.O. Valdeorras facía pública onte unha denuncia pola recepción de uva foránea nun local do Barco de Valdeorras. Tras detectar transporte de uva procedente dende o local, presuntamente non autorizado para a recepción deste produto, o órgano de control facía un seguemento e interviña a mercadoría solicitando aos seus propietarios a identificación da súa procedencia.

Sobre este feito preguntánballes esta mañá os medios ao presidente do CRDO Valdeorras, José Ramón Rodríguez, e ao conselleiro do Medio Rural, José González. “Dende o órgano de control estanse a facer as cousas como debe ser, e en Valdeorras fraude cero. Proba disto é que un viticultor de máis de 80 anos estaba facendo cousas que non deberían ser e foille precintada esa uva para que non procedera a entrar nas adegas da D.O.”, indicaba Rodríguez Castellanos.

 

 

Nesa mesma liña falaba o conselleiro do Medio Rural. “Estase facendo un traballo fantástico entre a administración autonómica, xa que temos os vedores, pero coordinados sempre co consello regulador e, como dicía o presidente da D.O., fraude cero nas denominacións de orixe, dende logo as medidas de control están funcionando e eu penso que é unha boa noticia para todos”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button