ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Na procura de excrementos caninos pola rúas do Barco

Os alumnos de 1º de Primaria do CEIP Condesa de Fenosa iniciaron o percorrido dentro da campaña “O Barco sen cacas”

Menos dunha hora necesitaron os alumnos de primeiro do CEIP Condesa de Fenosa en colocar o cento de globos amarelos co eslogan “Él é un can, es ti un porco?” cos que sinalizaron os lugares nos que atoparon excrementos caninos. O percorrido que relaizaban os cativos acompañados por un par de profesores na tarde do 8 de maio, discorre basicamente pola beira do río na zona do Malecón que quedou cuberto de globos, o que dá unha idea da cantidade de “cacas de can” que hai tanto pola praia fluvial como pola zona do paseo.

Con esta iniciativa, incluída na campaña de sensibilización ambiental organizada polas concellerías de Medio Ambiente e Servizos do Barco, preténdese facer visible o alcalce “dun problema que sae constantemente a relucir nas conversas de veciños e mesmo nos medios de comunicación: os excrementos caninos en beirarrúas ou espazos verdes”, en palabras do alcalde Alfredo García, quen asegura que cando remate a campaña “saberemos realmente a dimensión do problema”.

Hoxe pola tarde tócalle o turno aos alumnos de segundo do mesmo colexio, que percorrerán outra zona do Barco colocando globos a carón de cada excremento.

Fotos: Concello do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button