A primeira hora desta mañá poñíase en marcha na provincia de Ourense o operativo de reparto de mascarillas. Está previsto que se distribúan unhas 68.000 unidades, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia. Na cidade de Ourense o operativo desenvolverase, principalmente nas estacións de tren e bus e principais lanzadieras de bus urbano. Encárganse do reparto Policía Nacional, Garda Civil, Protección Civil e policías locais da provincia de Ourense.
Tamén se repartirá en estacións de municipios como O Barco, A Rúa, O Carballiño, Allariz, Verín e Celanova. Nestes concellos distribuiranse ademais en polígonos industriais e áreas de servizo.
“Esta mañá comezamos a distribución de mascarillas para os que volven ao traballo. Onte, o Goberno de España enviou a Galicia 602.000 mascarillas e dende esta mañá estanse repartiendo nlos principais nodos de transporte público das catro provincias galegas”, sinala o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

O reparto deste material sanitario empezaba simultaneamente nas catro provincias a primeira hora de hoxe nunha “acción coordinada coas subdelegacións do Goberno e coa colaboración de Policía Nacional e Garda Civil, así como co apoio das policías locais e agrupacións de protección civil dos concellos”, engade Losada.
Ademais o delegado do Goberno subliña que este reparto estase a realizar coa cooperación da Xunta de Galicia, “en estacións de autobuses, lanzadeiras de autobuses, estaciónd de trens e accesos aos principais polígonos industriais e empresariales, así como nos grandes centros de traballo de Galicia”.
Losada aclaraba tamén que o uso das mascarillas “non é obrigatorio, pero si recomendable”. Lembra así mesmo que “todos xuntos, todos unidos, cumpriendo co que di o estado de alarma, que é quedar na casa, e só saindo para o imprescindible, venceremos este virus”.