OurenseÚltima hora

Nace en Ourense a Escola de Formación Estanislao Reverter de automobilismo

O presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez, e o presidente da Fundación Estanislao Reverter, Luis Reverter, asinaron o convenio de colaboración

 

Na tarde deste luns 22 de abril o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, e o presidente da Fundación Estanislao Reverter, Luis Reverter, asinaron o convenio de colaboración polo cal nace a “Escola de formación Estanislao Reverter”.

Este acto, que tiño lugar no museo Reverter en Santa Cruz de Arrabaldo, puxo de manifesto a “boa sintonía entre ambas as dúas partes e reflicte o profundo sentimento de respeto á figura de Estanislao Reverter por parte da FGA, que o considera o pai do automobilismo en Galicia”.

Esta escola agrupará todas as accións formativas da FGA de cara a mellorar e profesionalizar este deporte na autonomía, o cal conta con máis de 2.800 federados.

 

Artigos relacionados

Back to top button