
O vindeiro día 16 ás 20 horas celebrarase no local social de Quintela do Pando (Viana do Bolo), o acto fundacional da Escola de Gaitas “O Demo de Quintela”. Unha iniciativa, que conta co apoio do director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo.
A escola (que levará o apodo que fixo célebre a Albino Pérez Fernández como recoñecemento á súa traxectoria musical e personal) está dirixida á formación de nenos, que poderán acceder a partires dos cinco anos, e tamén adultos, en grupos diferenciados. Con respecto ao claustro de profesores estará integrado por Susana García, Álvaro Rúa e Daniel García.
Á parte da educación musical (inicialmente en pandeireta, gaita e percusión), entre outros obxectivos figuran a recuperación de instrumentos e composicións antigas, centrándose en coplas, cancións de sega, cantos de cego, Entroido, etc.