ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Nace Mans de Fisio, un novo servizo de fisioterapia en Viana do Bolo

 

Non será ata o vindeiro martes 2 de novembro cando comece a funcionar, pero Mans de Fisio abría ao público o sábado 30 de outubro as súas instalacións (na rúa San Roque, 19, de Viana do Bolo) nunha xornada de portas abertas para presentalas á poboación e explicar os servizos de fisioterapia que prestará nelas a partir de agora.

Mans de Fisio é un proxecto da fisioterapeuta Ana Rodríguez Vázquez, que tras 6 anos exercendo en Ourense, decidía voltar á súa zona de orixe e crear unha clínica en Viana do Bolo. “Creo que é un servizo moi demandado, xa que por aquí non había nada deste tipo, o máis cerca que temos é na Gudiña ou xa na Rúa e no Barco, por iso animeime a levar adiante o proxecto”, explica.

 

 

O tipo de fisioterapia que realiza é moi variada e abrangue á relativa a patoloxías de traumotoloxía como tendinite, recuperacións postcirúrxicas ou prótese de xeonllo, entre outras. “Tamén fago recuperación de pacientes neurolóxicos, que sufriron algún tipo de accidente cerebrovascular, de pacientes con Párkinson, ect.”, engade Ana Rodríguez, que tamén se formou, mediante un máster, en solo pélviano. “Este é un servizo que tamén vou ofrecer porque aquí tampouco hai moito fisioterapeuta de solo pélvico. É un campo un pouco descoñecido e penso que tamén resulta interesante dalo a coñecer á poboación. Consiste, sobre todo, en preparación ao parto, recuperación posparto e todo o relativo a incontinencias (urinarias e fecais) ou alxias doorosas tanto en muller como en home”.

Outra área que abranguerá esta fisioterapeuta será a da fisioterapia deportiva para a recuperación de lesións tras o deporte como “roturas fibrilares ou sobrecargas, patoloxías que sofren máis os deportistas”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button