DeportesFútbolÚltima hora

Nace O BarcoVerán, un campamento de ocio e multideporte para os meses de xullo e agosto en Viloira

Co fin de curso á volta da esquina comezan xa a aparecer as ofertas para o tempo de lecer. Unha delas é o BarcoVerán 25, un campamento para nenos e mozos de 4 a 15 anos que nace coa idea de “ofrecer ao concello unha alternativa diferente, xa que nos caracterizamos por unha metodoloxía distinta ao uso, con moitas actividades e o deporte como sinal de identidade, podendo gozar cada día de todo o que se ofrece xa que todo o material estará de forma diaria connosco”, aseguran dende a organización.

Ocio y Deporte Valdeorras leva xa un tempo organizando o seu campamento insignia en Vilamartín de Valdeorras, o Vilaverán, que ano tras ano “desbórdase con nenos da zona e era imposible dar cabida a máis xa que por momentos duplicouse a lista de espera para as 50 prazas que se ofertaban”, asegura Gunty.

 

 

Así, en consenso co CD Barco (co que tamén colaboran nos seus campus de fútbol que terán unha semana en xuño), e coa colaboración do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira e do Concello, xurdía este novo campamento que se desenvolverá en Viloira (pavillón cuberto, aula para manualidades e talleres, patio ao aire libre con protección o sol, campo de fútbol, zona de marxe do río, parque infantil… “tendo a man calquera punto para as nosas saídas e actividades ao aire libre como rutas, días de piscina”.

O campamento, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto incluirá actividades temáticas, talleres e material (castelos inchábeis e deportivos, tiro con arco, karts, Paintaball, actividades de auga, slack line. Contarán con 5 monitores (especializados en Educación Infantil e Primaria, técnicos deportivos e monitores de lecer e tempo libre) que en horario de 10 a 14 horas “pautarán todos os días seguindo a mesma metodoloxía que o Vilaverán”, adianta Gunty, destacando que as prazas son limitadas.

Artigos relacionados

Back to top button