PolíticaÚltima hora

Nacho Campo, candidato á alcaldía do PP en Maside

Esta tarde presentábase a lista coa que os populares concorrerán ás eleccións neste municipio

 

Esta tarde tiña lugar no vello colexio de Maside o acto de presentación da candidatura coa que o PP concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio neste concello e que encabeza Nacho Campo. O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, resaltou na súa intervención no acto, a potencia da candidatura liderada por ampo, “unha persoa e un equipo que liderarán o cambio necesitado por Maside para construír o futuro deste concello e aproveitar todas as súas potencialidades”. Así mesmo resaltaba que o cabeza de lista “é unha persoa comprometida co seu partido -no que hoxe é presidente provincial das Novas Xeración- e sobre todo, Nacho Campo é unha persoa comprometida co seu concello e cos seus veciños. Por iso será o alcalde de Maside moitos anos”, analizou Manuel Baltar.

José González, en representación do PPdeG, destacou a solidez da xestión do Partido Popular e a aposta polo rural: “Somos o único partido que cree no rural, que ve nel o futuro de Galicia. Porque estamos orgullosos de ser do rural, tanto como de orgulloso está Nacho –e todos nós– de ser de Maside”.

 

 

Pola súa banda, o candidato popular á alcaldía de Maside, Nacho Campo, indicaba que a súa candidatura “é unha lista renovada, con valor de futuro e con capacidade para facer deste Maside un Maside mellor”. Ademais indicaba que “os vindeiros catro anos son moi esperanzadores para Maside sempre que o Partido Popular goberne o Concello. Catro anos nos que, apoiados no noso sólido programa electoral, conseguiremos que Maside rexurda do abandono e do bloqueo ao que está sometido”.

 

 

CANDIDATURA DO PP DE MASIDE

1. Ignacio Campo González
2. Carolina Lage Mosquera
3. Luis Blanco Fernández
4. Luisa Barreiro Álvarez
5. Antonio Veiga González
6. Luis Jorge Álvarez Ferro
7. Daniel García Fernández
8. Iñaki Requejo Otero
9. Raquel Cabo Rumbao
10. Ana María Rodríguez Álvarez
11. Antonio Rodríguez González

Suplentes:

1. Claudia Diéguez Pérez
2. José Ignacio López Iglesias
3. José Soto Soto
4. Benito Ordóñez Portabales
5. Antonio Varela Ferradás
6. Francisco de la Calle Diz
7. Juan Carlos Álvarez Lois

Artigos relacionados

Back to top button