DeportesNataciónÚltima hora

Natalia Míguez (C. Natación Valdeorras), 3º nos 1.000 m na Travesía Solidaria pola ELA da Coruña

 

Destacada actuación de Natalia Míguez, do Club Natación Valdeorras, na X Travesía solidaria pola ELA-Memorial Fran Otero, que se celebraba na Coruña este sábado. A nadadora subíase ao podio da proba ao facerse co bronce na categoría dos 1.000 m. “Foi un gran éxito da nosa compañeira”, destacan dende o Club Natación Valdeorras.

 

 

Esta proba benéfica foi organizada polo Club Hércules-Termaria en colaboración coa Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela) e a Fundación Abrente-Proyecto Enki.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button