OurenseÚltima hora

Natureza e literatura galega no Xardín Botánico de Ourense

A asociación medioambiental SYME organiza dous seminarios para o 22 e 23 de outubro

CARTEL_SEMINARIOS

O Xardín Botánico de Montealegre (Ourense), acollerá os seminarios organizados pola asociación SYME en torno á natureza e á literatura galega.

O primeiro terá lugar o mércores 22 de outubro de 18 a 20h. e xirará en torno ao “Patrimonio natural de Galicia”. O segundo, previsto para o xoves día 23, tratará sobre “Plantas medicinais, aromáticas e tradicionais galegas” incluíndo un obradoiro de xabón artesán. As actividades están organizadas coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense e o patrocinio da Concellería de Cultura.

De forma paralela, SYME convoca o II Concurso Fotográfico con dúas categorías: literatura galega e natureza, e plantas medicinais e tradicionais galegas, e tres premios por categoría (un teléfono móbil libre para o 1º, un bono dunha noite de hotel en aloxamento e media pensión para o 2º, e un bono dunha noite de hotel para o 3º).

Con respecto á primeira categoría, a temática será a relación entre os escritores/as galegos e a súa terra, en calquera das súas expresións. No caso da segunda categoría, acollerá traballos fotográficos sobre plantas/árbores medicinais ou tradicionais galegas.

O prazo para recibir as fotografías remata o venres 7 de novembro de 2014. Máis información en www.asocsyme.es.

Artigos relacionados

Back to top button