Apenas unhas semanas despois de facer un bo papel no Campionato Galego Infantil, onde lograban varias medallas, os pequenos do Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras volven destacar, desta volta na I Copa de España de Estilos que se está celebrando en Leganés (Madrid).

Un campionato no que participan sete cativos do club valdeorrés no estilo Shotokan: Lena, Hugo, Brian, Cloe, Aina, Nazan e Enzo competían na mañá deste venres 2 de abril, sendo Nazan Barreda quen destacaba cunha merecida medalla de prata en alevín, proclamándose subcampión de España na súa categoría.

Pola tarde tocaralle o turno a Nicolás Rodríguez, adestrador do club barquense, que competirá na categoría de veteranos, e que se sinte especialmente orgulloso do que levan adestrado os rapaces neste complicado ano, así como dos resultados que están conseguindo. No campionato tamén participaba Diego, un dos seus alumnos de Ponferrada, que subía ao terceiro chanzo do podio na categoría júnior.
Fotos: RFEK e decidas.