DeportesKárate

Nicolás Rodríguez (River Stone) pecha a tempada de karate no Campionato de España de Veteranos

 

Coa participación no Campionato de España Tradicional de Veteranos, pechaba de Nicolás Rodríguez (KC River Stone do Barco) un intensa e moi positiva tempada de karate.

Non lograba subir ao podio no torneo disputado en Jaraiz de la Vera (Cáceres), para ratificar o ano dos terceiros postos, pero o karateka valdeorrés asegura estar “encantado” con ter participado neste campionato no que pudo reencontrarse con vellos coñecidos. “Para min foi unha festa de deporte e reencontros”, di Nicolás, recoñecendo o alto nivel dos participantes. “Na miña categoría eramos uns 35 e a xente preparouse a conciencia, con adestradores persoais e todo. Ademais a nivel nacional os erros páganse caros e hoxe cometín unha falta grave”, asegura.

 

Nicolás Rodríguez co presidente da Federación Galega de Karate.

 

Xa na primeira rolda, cando estaba facendo unha boa kata, notou que se lle baixaba a mascarilla e tirou dela para arriba, un erro que penaliza moito. Iso, sumado a un desequilibrio posterior restoulle moitos puntos e, malia pasar á segunda rolda na que fixo unha moi boa kata, xa non conseguía remontar quedando eliminado.

“Quedoume un mal sabor de boca porque o estaba facendo ben pero cometín un erro e hai que asumilo, non queda outra. Para estar no podio tense que dar unha serie de circunstancias que non se deron. Só queda seguir adestrando e tomar nota para non volver cometelos e o ano que vén volver intentalo”, asegura resignado pero tamén orgulloso. “A este campionato acudín coa expedición de Galicia e de catro karatekas levamos dúas medallas de bronce que está moi ben poque están moi caras”, conclía o deportista valdeorrés xa de camiño a casa.

 

Representación galega no campionato de España.

 

Fotos: RFEK

Artigos relacionados

Back to top button