CulturaCulturaÚltima hora

Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo), capital da olería tradicional

Esta localidade acolle nesta fin de semana o VII Encontro de Cacharreiros

Unha das actividades do encontro.

 

A localidade de Xunqueira de Espadanedo converterase un ano máis no centro da olería tradicional coa celebración os días 13 e 14 de agosto do VII Encontro de Cacharreiros, no Museo da Olería de Niñodeaguia. Co obxectivo de achegarlle á sociedade o oficio e os diferentes tipos de olería que se fan en Galicia, o programa de actividades inclúe demostracións de distintos profesionais para grupos reducidos (tanto para público infantil como adulto); visitas guiadas ao Museo da Olería; un espectáculo de Danza dos fornos; e unha exposición de fotografías de José Suárez, que estará aberta ata o 17 de outubro.

A programación incluía ademais a mesa de debate “Pasado, presente e futuro da olería”, na que participará este sábado a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, quen quixo facer especial fincapé no importante factor económico que desenvolve o sector artesanal en Galicia.

 

 

O evento conta coas obras de Agustín Vázquez e Enrique Cabanas, representando o centro oleiro de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo); os ceramistas Antón Román (Gondomar) e Susana González (A Coruña); o telleiro José Álvarez O Buraco (O Rosal); o ceramista Carlos San Claudio (Vigo); e o artesán Carlos Lima como representante da olería portuguesa (Tondela, Portugal).

O VII Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia, que estará dispoñible ata mañá no Museo da Olería de Niñodaguia.

Imaxes cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button