Eleccións Xerais 2023PolíticaÚltima hora

Noa Presas: “Saímos a por todas no 23X, Ourense precisa dun cambio e no BNG queremos facer historia”

A cabeza de lista do BNG ao Congreso di que se presenta “coas mans libres para defender os intereses da provincia"

 

A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense nas vindeiras eleccións xerais, Noa Presas, presentaba hoxe oficialmente a imaxe de campaña electoral da organización nacionalista do 23X asegurando que “romperán todas as enquisas para que Ourense conte”. Presas asegura que “o bipartidismo clásico é unha receita do pasado que aumentou a discriminación e que en Ourense existen aires de cambio e unha corrente de simpatía cara o BNG que permitirán facer historia, sacando por primeira vez representación nacionalista por esta circunscrición”, indicaba.

“Perda de poboación, falta de relevo xeracional, perda de poder adquisitivo, perda de superficie agraria, falta de proxectos ambiciosos: estes son algúns dos datos que resultan do bipartidismo clásico en Ourense”, enumeraba a cabeza de lista. Unhas cifras que, continúa Presas, amosan que “o turnismo bipartidista carece de proxecto para Ourense facendo políticas para que esta parte do país perda: perda nos Orzamentos, perda nos investimentos viarios, perda en materia ferroviaria, no sector primario ou na industria”.

 

 

Fronte a esta situación, o BNG preséntase a estas eleccións coas “mans libres para defender os intereses de Ourense onde, nun contexto sen maiorías absolutas, a organización nacionalista poida condicionar as políticas do Goberno do Estado. É hora de que Ourense deixe de perder e comece a gañar. Somos o proxecto das persoas ás que lle doe a discriminación de Ourense, das persoas que queren saír do abandono e, ao mesmo tempo, frear a dereita”, destacaba Presas.

E indicía en que “estamos máis cerca que nunca de facer historia. Hai aires de cambio e unha corrente de simpatía cara o BNG que xa se viu nos dous últimos comicios”.  Neste contexto, Noa Presas asegura que se deixarán “a pel para volver facelo:“imos volver romper todas as enquisas para que Ourense conte no Congreso, cun grupo galego forte, sacando por primeira vez na historia representación nacionalista por esta circunscrición que defenda verdadeiramente os intereses de Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button