
Dentro do conxunto de visitas que está a realizar pola xeografía ourensá, a candidata á secretaría provincial do PSdeG-PSOE, Noela Blanco, achegábase ata Viana do Bolo na tarde do 2 de decembro. Alí mantiña unha reunión con membros da súa agrupación socialista. Esta candidata aposta no seu proxecto por darlle máis protagonismo ao rural dentro da estrutura provincial do partido.