CulturaCulturaÚltima hora

Noite de cine en Fonteita (Chandrexa de Queixa)

 

Na aldea de Fonteita de Chandrexa de Queixa, os veciños veñen de organizar unha noite de cine coa película de Disney, Encanto. Fixeron cartelería, moveron redes sociais e tiñan aperitivos e palomitas preparadas para todos os asistentes

A proxección fíxose ó aire libre co chan preparado con mantas e alfombras para que a xente se puidese sentar con comodidade.

 

 

Un motivo para reunir veciños das aldeas dos arredores cos de Fonteita que na súa maioría son retornados por vacacións xa que durante todo o ano só reside unha familia.

Non fan falta grandes cousas para darlle un aire festivo ás nosas aldeas, só ganas e ilusión.

Texto e fotos: Raquel Pérez.

 

Back to top button