EconomíaEconomíaÚltima hora

Noite de humor este sábado no Ruxe Ruxe de Quiroga

Dianela Padrón e Fernando Moraño actuarán mañá a partires das 23:30h.
Dianela Padrón.

Nunha semana centrada no 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a cervexería Ruxe Ruxe de Quiroga programa unha noite de humor a dúas bandas con dous profesionais da comedia que chegan de Madrid: Dianela Padrón e Fernando Moraño.

Dianela leva desde o ano 2014, transformando os seus dramas familiares e amorosos en comedia a través das súas historias. Xeralmente son situacións incómodas onde toca temas como a delincuencia, o narcotráfico, as operacións, as súas rarezas e obviamente as telenovelas. Malia levar pouco tempo en España estase facendo un oco no panorama artístico nacional. Fernando, pola súa banda, conta con dez anos de experiencia no mundo da comedia percorrendo toda España e, tras gravar o seu 6º monólogo para “Comedy Central”, no 2016 empezou a traballar como guionista para David Broncano; primeiro no programa “Loco Mundo” en #0 (Movistar plus) e actualmente en “La Resistencia”.

Entre os dous farán pasar unha entretida noite ao público que se achegue ata o Ruxe Ruxe na noite do sábado 24 de novembro. Hora: 23:30h. Entrada de balde.

 

Fernando Moraño.

Artigos relacionados

Back to top button