ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Noite de Medo” para celebrar o Samaín na Biblioteca do Barco

A exposición sobre personaxes de medo da tradición galega permanecerá aberta toda a semana

Un photocall, un concurso de disfraces, unha cea e un contacontos. Son as actividades que conforman a “Noite de Medo” na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco á que asistían numerosos cativos ataviados con “terroríficos” disfraces.

Tralas fotos e a elección do mellor difrace, unha trintena de cativos participaban no obradoiro de cociña de medo, no que “aprenderon a preparar uns pratos deliciosos pero que darán moito medo e que formaron parte do menú da cea”, explican dende a organización. Trala cea chegaba o turno do Bruxo Maruxo que contou unha historia de medo antes de ir para a cama.

Ademais, na biblioteca hai unha exposición de traballos sobre personaxes de medo da tradición galega elaborados nos centros escolares. A mostra permanecerá aberta toda a semana para que podan vela todos os escolares da vila.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button