Moita actividade, deportiva e lúdica, se desenvolvía neste fin de semana no concello de Vilamartín de Valdeorras. Trala exitosa Vilacolor Run que reunía a unhas 400 persoas na tarde do sábado pola vila; e da Andaina Solidaria da Cruz Vermella Valdeorras, con 200 participantes e saída dende Arcos esta mañá; na tarde deste caluroso domingo 23 de xuño celebrábase a Noite de San Xoán na praza Xosé Luis Núñez.
Organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín coa colaboración do Concello, asábanse na fogueira uns 30 kg de sardiñas, acompañada por pan, bebida e bica que os asistentes degustaban na praza con música ambiente.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.