Noite do Cortello dos Lobos de Lubián, o 17 de agosto
17 de Agosto de 2018
Dende hai xa varios anos, os veciños deste municipio zamorano reúnense nunha noite de agosto nesta trampa para lobos para compartir historias, unha cea e baileImaxe dunha edición anterior da Noite do Cortello de Lubián (Zamora)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Entre as pedras dunha ancestral e abraiante trampa circular para lobos oiranse antigas historias. Relatos dun pasado non tan lonxano, no que este era un animal mítico e temido nas terras do concello zamorano de Lubián, cruzando as Portelas.
Dende hai xa varios anos, os veciños deste municipio reúnense nunha noite de agosto no seu Cortello dos lobos para contar e escoitar contos. Desta volta será este venres 17 de agosto.
Tras as narracións, nas que é habitual que poida participar calquera dos presentes, dase paso a unha cea a base de cordeiro. O broche desta “Noite do Cortello”, organizada polo Concello de Lubián e incluído no seu verán cultural, será a música con Fol de Veneno.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.