CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Nova actuación do coro Voces de San Martiño, desta volta en Cernado (Manzaneda)

O coro Voces de San Martiño co alcalde de Manzaneda Amable e o párroco Belisario./ Foto cedida.

Agosto está sendo un mes moi activo para o coro parroquial Voces de San Martiño (Manzaneda). Tres días despois de cantar a misa na honra á Virxe da Asunción na parroquia de Cesuris no concello de Manzaneda, a agrupación coral volvía actuar, desta volta no pobo de Cernado, no mesmo termo municipal.

Tiña lugar o domingo 18 de agosto, con motivo da celebración da Virxe dos Remedios, amenizando a misa solemne. Na foto, os membros do coro pousan acompañados polo alcalde de Manzaneda Amable Fernández (á esquerda), oriundo de Cernado e o párroco Belisario Chaos, natural de Palleirós.

 

Artigos relacionados

Back to top button