A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco lanza unha nova campaña en colaboración cos establecementos de alimentación asociados ao colectivo: Froitería A Horta de Fina e Mar, Supermercado Corzo- Covirán e Supermercado Onda.
A acción, que se celebrará do 15 de setembro ao 15 de outubro, supón un sorteo dun carro da compra valorado en 180€ (o CCA aporta o 50% do custo total do carro da compra e os comercios participantes o 50% restante) e cheo de produtos dos tres establecementos.
Para participar, os clientes deberán cubrir cun nome e un teléfono as rifas que se lles entregarán coas súas compras nos comercios de alimentación, e depositalas nunha urna. Para beneficiarse dunha rifa de participación a compra mínima na Froitería A Horta de Fina e Mar será de 10€, e nos supermercados, Corzo- Coviran e Onda, de 15€.
O sorteo celebrarase o mércores 20 de outubro na oficina do CCA O Barco ( c/ España, 1) extraendo unha rifa ao azar. O afortunado ou a afortunada será avisado/a telefonicamente e publicarase o seu nome nas redes sociais e medios de comunicación.
Desta forma, o CCA O Barco “continúa apostando polas campañas dirixidas a cada un dos sectores de actividade que forman parte da asociación, un reto que se marcou a nova xunta directiva cando comezou a súa andaina no CCA a principios de 2021”, indican.