Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Nova concentración no Barco en defensa da área sanitaria

O acto, convocado pola Xunta de Persoal do hospital valdeorrés, desenvolvíase na zona exterior do recinto hospitalario

Varios centos de persoas reuníanse, por segundo mércores consecutivo no Barco, para pedir que se retire o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia, que suporía a eliminación da área sanitaria de Valdeorras. Desta volta a concentración non estaba convocada pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras, senón pola Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV). A plataforma decidía desconvocar o acto ao non contar cos permisos necesarios da Subdelegación do Goberno.

Sen embargo, a Xunta de Persoal mantiña a concentración, se ben en lugar de facerse na rúa, as persoas concentrábanse no recinto exterior do hospital comarcal. Podían facelo ao contar “con permiso da xerencia do centro”, tal e como lles explicaba aos presentes o voceiro da Xunta de Persoal, Suso Vilasánchez. Tamén expresaba o seu agradecemento ás persoas concentradas e animábaas a continuar participando nas mobilizacións xa que “as cousas van por bo camiño”.

Artigos relacionados

Back to top button