O Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras é un dos centros nos que se desenvolverán esta semana oito obradoiros corresponden ás chamadas “Escolas de Saúde” destinadas a toda a poboación, organizadas nesta ocasión polos servizos de atención primaria de Maceda, O Barco, Valle Inclán, Castro Caldelas, A Ponte, Bande e Mariñamansa.
Ao longo da semana haberá cinco obradoiros de nutrición para escolares nos distintos centros da provincia, dous obradoiros de primeiros auxilios para ESO e priamria e unha colaboración co Concello de O Irixo na andaina do vindeiro domingo na que dúas enfermeiras da área impartirán consellos saudables aos participantes.
No caso do centro escolar barquense Natalia Sordo impartía na mañá deste luns 7 de outubro unha interesante charla nunha aula, dividindo aos pequenos en dous grupos e explicando de forma amena e entretida os nutrientes de diferentes alimentos como arroz, carne ou tomates, dándolles nocións básicas e unha guía dunha alimentación saudable e equilibrada.
Fotos: Mónica G. Bellver.