ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Nova concentración no Barco en apoio a Palestina

 

Continúan as concentracións de apoio ao pobo palestino baixo o lema “Stop xenocidio. Palestina vencerá”. No caso do Barco de Valdeorras o acto tiña lugar ás 20h. deste luns 11 de marzo na praza do Concello cunha gran pancarta e berrando “Dende o río ata o mar Palestina vencerá”.

Van xa seis meses de accións coordenadas que se manteñen tamén noutras moitas localidades entre as que están Allariz, Ourense, Ribadavia e O Carballiño.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button