OurenseÚltima hora

Nova edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense, do 23 de maio ao 2 de xuño

1º premio do concurso do ano pasado.

 

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Turismo e Termalismo, organiza unha nova edición do concurso Sabores de Ourense-Pinchos de Primavera, que se desenvolverá desde o día 23 de maio ata o 2 de xuño na cidade, coa finalidade de “dar a coñecer a riqueza gastronómica da cidade e as distintas propostas dos establecementos hostaleiros entre a veciñanza e tamén entre as persoas que visitan Ourense”.

A Xunta de Goberno Local aprobaba na súa sesión deste venres 12 de abril, as bases reguladoras do certame, no que poderán participar os establecementos hostaleiros de Ourense que ofrezan habitualmente pinchos á súa clientela.

Deberán inscribirse ata o día 23 de abril, a través da páxina web do Concello, e poderán presentar un pincho por local, libre en deseño e ingredientes. O certame outorgará 3 premios por parte dun xurado profesional, ademais dun accésit ao más creativo, un premio que concederá o Público e un premio ao mellor Pincho Celíaco.

Artigos relacionados

Back to top button