ConcellosO BarcoÚltima hora

Nova edición dos obradoiros “Fiando (a) Memoria” e “Con-fluencias”, no Barco

 

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello do Barco promove unha nova edición dos obradoiros “Fiando a Memoria”. Están abertas as inscricións para o novo curso dos obradoiros de estimulación cognitiva “Fiando (a) Memoria”. Estes realizaranse unha vez á semana nos seguintes lugares e horarios:

· Veigamuíños: luns de 16:00 a 17:30 – Local Asoc.
· Éntoma: luns de 18:00 a 19:30 – Antiga escola.
· O Barco: mércores de 11:00 a 12:30 – Biblioteca 4ª planta.
· Viloira: mércores de 15:30 a 17:00 – Local Asoc.

“Algunhas das actividades que se levan a cabo son exercicios de memoria para mellorar a codificación, almacenaxe e recuperación da información. Técnicas de expresión artística, exercicios e técnicas participativas para recuperar a memoria individual e colectiva. Así como exercicios de expresión oral e escrita e dinámicas corporais e de xogo”, adiantan dende o Concello do Barco.

Ademais sinálase que estas actividades “son un espazo de encontro e desfrute onde tamén recuperamos saberes comunitarios e patrimoniais do noso entorno. O curso pasado as máis de 40 mulleres participantes recuperaron a figura das furracas en Éntoma, a memoria do río en Viloira, probaron a facer cartografías textís en Veigamuíños, e reflexionaron sobre os espazos de encontro no Barco”.

Estes obradoiros comezaron o 6 de novembro en Veigamuíños e Éntoma, e hoxe, 8 de novembro no Barco e en Viloira. Aínda están a tempo de inscribirse as persoas que aínda non o fixeran.

As inscricións poden realizarse a través do 988 68 48 85 ou de maneira presencial no Concello Vello, 1ª planta, na secretaría de Servizos Sociais.

Tamén está aberto o prazo de inscrición para participar no encontro que se celebra este venres, 10 de novembro, na praza da Viloira, co Sil como elemento protagonista.

 

Artigos relacionados

Back to top button