CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Nova Era de Verín e Luar na Lubre, entre as bandas do IX Carqueixa Rock de Laza

Cedida.

 

Conta atrás para que Laza resoe a folk e a rock. Tras anunciar a Gwendal, A Banda de Gaitas Nova Era, Breo e Loita Amada, a Asociación Carqueixa de Souteliño veñen de colocar o broche de ouro a esta novena edición do IX Festival Carqueixa Rock de Laza, coa confirmación de Luar na Lubre.

A xornada do evento, o 3 de agosto, abrirase á media tarde, coas contadas de Iseo a Moura e Fran Guede. A partires das 20h, comezarán os concertos cos seguintes horarios respectivamente:
● Nova Era – 20H
● Breo – 21h
● Luar na Lubre – 22:30
● Gwendal – 00:30
● Loita Amada – 2:00

Contarase con zona de acampada, zona de parking, postiños para cear e por suposto unha
grande leira para troulear e festexar todo o que veña en gana. Este é un convite aberto a
colaborar co festival, mercando unha camiseta, tomando unha cervexa ou mesmo falando
coas 30 persoas que residen en Souteliño e que defenden un rural vivo .

“Este evento de balde, naceu no 2012 como un festival musical que reivindica a cultura
fóra das grandes cidades; un espazo cheo de boa música, cultura, país e gastronomía”, dis os promotres. Así, tras a parada realizada por mor da pandemia, a organización volta a realizar este
evento con moito esforzo mais tamén con moita ilusión.

 

Back to top button