ConcellosO BarcoÚltima hora

Nova mobilización de apoio ao pobo palestino no Barco

 

“Hoxe voltamos ás rúas en convocatorias en 24 localidades galegas cando se cumpren tres meses de matanza e destrución planificada e sistemática”. Deste xeito comezaba o manifesto que se lía na concentración de apoio ao pobo palestino, que celebraba nesta tarde na praza do Concello do Barco, e tamén noutros 23 puntos de Galicia neste 10 de xaneiro, baixo o lema “3 meses de resistencia fronte ao xenocidio”.

Ademais no manifesto asegurábase que “tamén son tres meses de mobilización permanente” e “na Galiza tamén nos unimos a ese repudio global: máis de 200 convocatorias de mobilización nas rúas, accións simbólicas, boicot e denuncias públicas dos aliados do sionismo”.

Tamén se expoñían nesta declaración unha serie de demandas dirixidas tanto ao goberno español e galego como á Unión Europea, e rematábase anunciando novas mobilizacións na rúa de cara ao día 24 de xaneiro. O acto finalizaba cun aplauso precedido das consignas “Galiza con Palestina! Dende o río ata o mar, Palestina vencerá!”.

Artigos relacionados

Back to top button