BoxeoDeportesÚltima hora

Nova velada, íntegra de MMA, o 28 de xuño no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco

O Título MFC  Profesional -68 kg Andi Canosa, enfrontarase ao púxil portugués Pedro M. Duarte

 

Dous meses e medio despois de que Andi Canosa vencera por sumisión ao portugués W. Lopes “Maré no combate profesional de MMA celebrado no Barco de Valdeorras, o púxil barquerse volverase subir ao cuadrilátero en casa, diante da súa afección.

Sera nunha nova velada íntegra de MMA, o MFC 046 Concello do Barco, que se celebrará o 28 deste mes de xuño no pavillón municipal de Calabagueiros a partir das 21 horas.

 

 

Tal como avanzan dende a organización, haberá loitas amateur e profesional. Por parte do Graíño Team O Barco, que adestra nas instalacións do Ximnasio VALSPORT, combaterán Rubén Fernández, -70 kg; Marcos Xavier-Brasi, -77 kg e Alejandro Menéndez, -64 kg, os tres en amateur.

O combate de fondo correrá por conta do Título MFC  Profesional -68 kg Andi Canosa, que se enfrontará ao púxil portugués Pedro M. Duarte.

Ademais, a organización está intentando pechar o combate de Leandro Miranda (Mamba Fight de Ponferrada), “un Top Mundial Profesional do K1, que agora dá o salto ás MMA”, aseguran.

O prezo das entradas será de 30 euros nas filas 1 e 2; 25 euros nas filas 3, 4 e 5; e 20 euros en grada. Máis 2 euros en taquilla.

Fotos cedidas, salvo a última da galería que é de Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button