OurenseÚltima hora

Nova vitoria para a UD Ourense que segue líder e invicta

Co 4-1 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 16 de xaneiro no Couto

 

Cunha nova vitoria (e van doce) para a UD Ourense, remataba o partido disputado na tarde deste domingo 16 de xaneiro no campo ourensán do Couto ante a SD Nogueira de Ramuín.

Un partido moi reñido que chegaba ao descanso coa vantaxe local (1-0) grazas ao gol de Varo Fernández no minuto 42. Tralo paso polo vestiario, os rapaces de Jorge de Dios saían dispostos a seguir sumando pero era o dianteiro do Nogueira quen conseguía anotar poñendo o 1-1 no marcador. Así e todo, Torres marcaba o segundo gol local no 57′ e dez minutos despois Osian poñía o 1-3. Finalmente, chegando xa ao remate do tempo reglamentario, Mazaira sentenciaba o encontro co cuarto gol para os vermellos.

 

 

Con este resultado “seguimos líderes e invictos nesta tempada, na que estamos a desfrutar de cada partido dos nosos Dragóns”, aseguran dende o club ourensán, dando coma sempre as grazas á afección por estar aí sempre. “Xa tiñamos gana de voltar a vervos no 2022 na nosa casa”, conclúen.

A seguinte cita deportiva para o conxunto ourensán, que este ano compite na Preferente Sur, será a vindeira fin de semana no José Arjiz contra o Verín CF.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button