
A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de facer pública a listaxe provisional de atletas galegosinscritos no Campionato de España dos 10K absoluto e máster que terá lugar en Huelva o vindeiro día 15 de abril. Entre eles figuran nove atletas do Adas Cupa do Barco. Unha delas é a valdeorresa Inés Docampo Gamarra, que competirá na categoría Sub23 deste nacional.
Esta corredora proclamábase o pasado decembro campioa de Europa de campo a través por equipos en categoría Sub20.