ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Nove horas sen servizo telefónico nin internet en San Xoán de Río

O Concello anima á xente á presentar reclamacións á compañía telefónica

 

Por segunda vez en apenas un mes, dende o Concello de San Xoán de Río vén de informarse de que o municipio “volveu quedar sen teléfono, internet e televisión outra vez por culpa de Movistar. Tralo fallo de máis de 24 horas sen servizo o pasado 19 de decembro, no día de hoxe foron xa 9 horas sen servizo, a que acaba de restablecerse”, tal e como confirma o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Ademais resalta as consecuencias desta falta de servizo: “o Concello bloqueado, sen poder facer nin recibir chamadas, sen internet. Os teletraballadores sen poder realizar o seu traballo, as persoas maiores que viven soas sen poder comunicarse cos seus familiares, a xente sen poder ver a televisión. E un longo etc, polo que animamos á xente a reclamar ante esta compañía telefónica”, indica o rexedor de Río, que pensa que este fallo na telefonía e noutros servizos puido ter afectado tamén a outros municipios.

 

Artigos relacionados

Back to top button