EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Nove xornalistas especializados descobren o territorio da D.O. Monterrei

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, dentro do seu programa de accións promocionais para prensa especializada nesta anualidade, vén de recibir a visita de nove prescritores ao seu territorio vitivinícola

Ao longo de dúas xornadas Alberto Luis Luchini Solano (revista 7 Caníbales), Andrés Proensa Aguado (director Planeta Vino/ Guía Proensa), Manuel Moraga Ruiz (RNE. Un país de vinos), Ana Serrano Cuenda (Bodeboca), Alberto Matos Jorge (director Vivir el Vino), Sara Jiménez Adánez (Mercados del Vino), Antonio Candelas López Villalta (director Mivino e Guía del Vino Cotidiano), Enrique Calduch Carretero (periodista El Español e colaborador en medios especializados) e María Ángeles Sánchez Vicente (periodista The Objective e medios especializados) ) foron partícipes de diversas actividades relacionadas co viño e coa viticultura.

Entre elas incluíase a visita a cinco adegas da denominación (Daniel Fernández, Terras do Cigarrón, Gargalo, Triay e Ladairo), ao lagar rupestre Xan Preto ou ao castelo de Monterrei. Nas adegas puideron coñecer os viñedos, instalacións, e as diferentes elaboracións que se realizan nas mesmas.

“Os asistentes descubriron, de primeira man, a historia e tradición vitivinícola da zona, características edafoclimáticas, tipoloxías de viño, ademais do labor das cinco adegas participantes nesta iniciativa promocional”, indica o presidente do CRDO Monterrei, Jonatás Gago. “É a segunda viaxe de familiarización que realizamos neste ano, e non será a último, xa que nos permite ensinar, de modo íntegro, o proceso que vai desde a vide ata a botella, presentar o terroir, as nosas variedades, e por suposto, o traballo que realizan os nosos viticultores e adegueiros”.

Back to top button