ConcellosO BarcoÚltima hora

Novo acto de apoio ao pobo palestino no Barco

 

“Hai seis meses que nos vimos mobilizando no noso país contra o xenocidio en curso que enfrenta o pobo irmán Palestino”. Deste xeito comezaba o manifesto ao que se daba lectura esta tarde na praza do Concello do Barco, onde tiña lugar unha nova concentración “por Palestina”.

Ademais explicábase que nestas “máis de 360 convocatorias que na Galiza levamos convocando, desde o primeiro día, no mes de outubro, dixemos que a nosa tarefa non era só exixirmos o fin dos bombardeamentos israelitas, senón denunciarmos a complicidade da autoproclamada comunidade internacional”. E así o facían unha vez, expresando no manifesto as súas exisencias “dende hai máis de seis meses” e anunciando que o vindeiro 21 de abril terá lugar un acto simbólico de solidariedade con Palestina en Compostela.

Artigos relacionados

Back to top button