ConcellosO BarcoÚltima hora

Novo acto de apoio ao pobo palestino no Barco

 

“Do río ao mar, Palestina vencerá”. Baixo este lema celebrábanse concentracións de apoio ao pobo palestino en 28 localidades galegas, entre elas O Barco, na tarde deste 24 de xaneiro. A praza do Concello convertíase novamente en escenario deste acto reivindicativo, que se iniciaba berrando consignas como “Palestina vencerá” ou “Onde están, non se ven, as sancións a Irsael”. Deseguido, procedíase a dar lectura ao mesmo manifesto que se escoitaba nas outras 27 concentracións que tiñan lugar en Galicia. Esta é xa a cuarta concentración deste tipo celebrada na vila valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button