En portadaSanidadeÚltima hora

Novo brote de coronavirus en Viana do Bolo con cinco casos

Centro de Saúde de Viana do Bolo.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de informarse dun novo brote de coronavirus no municipio de Viana do Bolo. Confirmabase na mañá deste 25 de agosto. Trátase dun brote importado con cinco casos, todos pertencentes a unha mesma unidade familiar vencellada a este Concello ourensán.

“Neste intre está activado o protocolo para o estudo, identificación e localización dos seus contactos máis estreitos co obxectivo de realizar as probas diagnósticas que sexan pertinentes”, indican dende Sanidade.

Os cinco pacientes, dúas mulleres de 75 e 51 anos e tres homes de 54, 54 e 50 anos de idade están en situación de illamento nos seus domicilios, monitorizados telemáticamente en todo momento e a seguimento polo persoal sanitario do seu Centro de Saúde.

Trátase do segundo brote de Viana, tras o que se facía público o 18 de agosto, tamén nunha unidade familiar e con ata 14 casos.

Brote en Cortegada

Ademais, Sanidade comunica un novo brote en Cortegada, tamén importado, con tres afectados: un home de 37 anos, unha muller de 78 anos de idade e unha nena, todos pertencentes a un mismo núcleo familiar e residentes nese concello ourensán.

Tamén este caso o centro de detección de contactos activou o protocolo para o seguimento e estudo dos seus contactos máis estreitos para a identificación e posterior realización das probas diagnósticas correspondentes.

Neste momento os tres pacientes están en situación de illamento domiciliario controlados e monitorizados telemáticamente en todo momento e a seguimento polo persoal sanitario do seu centro de saúde.

O brote de Vilamarín chega xa aos 18 casos

Nestes últimos días sumáronse sete novos casos ao brote iniciado o pasado mércores 19 de agosto no Concello de Vilamarín. Despois do rastrexo e dos estudos correspondentes realizados polo centro de detección de contactos de Sanidade, foron identificados varios contactos estreitos aos que se lles fixo as correspondentes probas diagnósticas PCR, indica Sanidade

Neste momento son 18 os pacientes deste gromo distribuídos en varios concellos que se atopan en situación de illamento domiciliario controlados e monitorizados telemáticamente e a seguimento constante da súa evolución clínica polo persoal sanitario dos seus respectivos centros de saúde.

Artigos relacionados

Back to top button