En portadaÚltima hora

Novo brote de coronavirus no Barco de Valdeorras con 3 casos

Trátase dun brote social que afecta a unha muller de 22 anos e a dous homes de 61 e 51 anos

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar un brote social de covid no Barco de Valdeorras con tres casos: unha muller de 22 anos e dous homes de 61 e 51 anos. O total de brotes no municipio ascende a 11.

Xunto con este, Sanidade notifica outros tres brotes familiares na provincia: un no Carballiño con 4 casos (3 homes de 50, 25 e 16 e unha muller de 48). Neste concello aumenta o brote xa existente con 7 casos que pasa a 8 cun home de 28 anos. Hai outro brote en Allariz-Ourense tamén con 4 casos (2 mulleres de 37 e 36 anos, un home de 33 e un neno de 8); e un terceiro moi numeroso en Celanova con 6 casos (2 homes de 50 e 45 anos e un menor, e tres mulleres de 78, 46 e 23 anos).

Tamén na provincia aumentan os brotes noutros dous concellos. En Ribadavia o brote con 15 casos pasa a 17 co positivo dun home de 53 e unha muller de 56; e en Taboadela, o brote de 5 casos aumenta a 6 cun home de 60 anos.

Artigos relacionados

Back to top button