En portadaÚltima hora

Novo brote de coronavirus no Barco

 

Dende a Consellería de Sanidade vén notificarse esta tarde un novo brote de Covid no concello do Barco. Trátase dun brote familiar con 4 casos: 1 home de 48 anos e tres mulleres de 83, 48 e 81 anos.

Este brote súmase aos tres notificados na tarde de onte, ao brote comunicado o 24 de setembro e outro comunicado 25 de setembro, que ademais, segundo a información de hoxe, pasa de 9 casos a 11, con dous novos positivos: unha muller de 18 anos e un menor.

.Son polo tanto seis brotes, aos que habería que engadir o detectado anteriormente no mes de agosto, os que se levan rexistrado ata agora no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button