En portadaSanidadeÚltima hora

Novo brote de Covid con 4 casos no Barco

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de comunicarse nesta tarde un novo brote familiar de Covid no Barco con 4 casos activos: un home de 36 anos e tres mulleres de 30, 35 e 67 anos.

Ademais rexístrase un incremento de casos noutro dos gromos comunicados anteriormente neste municipio valdeorrés. Era un brote familiar con  3 casos (dúas mulleres de 37 e 60 e un home de 56) e aumenta a 6 con tres mulleres mais de 37, 17 e 15 anos.

Por outra banda, Sanidade comunica outros dous novos brotes de coronavirus na provincia. Un deles detectouse en Verín, é un brote social e conta con 3 casos: tres homes de 18, 64 e 42 anos. O outro é de Xinzo de Limia, é de orixe familiar e suma 4 casos: unha muller de 53, unha moza de 16, un mozo de 17 e un menor.

Artigos relacionados

Back to top button