SanidadeÚltima hora

Novo brote de Covid en Barbadás con catro afectados

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de informarse dun novo brote de Covid-19 na provincia. “Ata o momento son catro o número de afectados dun gromo localizado hoxe no concello de Barbadás, despois do diagnóstico dun gromo familiar importado de Covid19, en dous mulleres de 90 e 65 anos e dous homes de 74 e 59 anos de idade todos eles residentes nese municipio ourensán. Dende o primeiro momento o centro de detección de contactos activou o protocolo de seguimento e estudo dos seus contactos máis estreitos coa identificación e posterior realización das probas diagnósticas correspondentes”, indica o Sergas.

Estes pacientes están na actualidade en situación de illamento no seu domicilio, controlados e a seguimento telemático polos profesionais sanitarios do seu centro de saúde.

Catro novos casos no brote de Vilamarín

Na mañá de hoxe rexistrábanse catro novos casos no brote de coronavirus iniciado o pasado mércores 19 de agosto no concello de Vilamarín: un home de 52 anos, dúas mulleres de 43 e 40 anos de idade e un neno.

“Neste momento son once os pacientes deste gromo que están en situación de illamento domiciliario controlados e monitorizadas en todo momento pola plataforma Telea e a seguimento polo persoal sanitario dos seus respectivos centros de saúde”, sinala o Sergas.

A aparición deste brote provocou que Sanidade, como medida preventiva, ordease desde onte a restrición total nas visitas e nas entradas e as saídas da Residencia sociosanitaria Santiago Apóstol de Vilamarín e hoxe a da Residencia La Saleta de San Cristovo de Cea co obxectivo de preservar a saúde e seguridade dos residentes e traballadores do centro.

Artigos relacionados

Back to top button