SanidadeÚltima hora

Novo brote de Covid en Verín, con seis positivos

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Vén de detectarse un novo brote de Covid-19 no concello de Verín, con “orixe nunha xuntanza familiar”, segundo informa a Consellería de Sanidade. Suma sei casos positivos: tres homes de 18,75 e 40 anos, unha muller de 54 e dou menores. “Todos eles en illamento e a seguimento a domicilio e continúa activo o seguimento dos seus contactos”, segundo Sanidade.

O brote de Mariñamansa acada os 21 casos activos

Por outra banda, a partir do seguemento dos contactos estreitos dos casos rexistrados ata agora no brote do barrio ourensán de Mariñamansa detectáronse 5 positivos máis, co que este gromo social ascende a 21 persoas afectadas, segundo Sanidade

Os novos positivos son 4 homes de 65, 64, 57 e 51 anos e 1 muller de 36. Todos eles en illamento e a seguimento domiciliario. Mantense activo o seguimento dos seus contactos estreitos e o cribado selectivo de veciños e persoal de establecementos desta área.

O brote do Carballiño engade un caso máis e suma 9 positivos

Ademais o brote localizado no Carballiño con orixe nunha xuntanza de amigos ascende a 9 casos, co diagnóstico nas últimas horas dun caso mais: 1 home de 52 anos, xa en illamento e a seguemento a domicilio.

 

Artigos relacionados

Back to top button